top of page
5_edited.jpg

¡BENVIDOS!

Ocupámonos dese colectivo de homes e mulleres desamparados que non por ter pouca visibilidade deixan de existir

Dunha asociación enfocada a paliar as consecuencias das drogas nos anos 90, evolucionamos ata atender hoxe outras moitas problemáticas e necesidades que, por diferentes razóns, quedan sen cubrir no ámbito dos servizos sociais da cidade.

Unha das nosas maiores preocupacións é a de coidar das persoas sen fogar por ser unha poboación especialmente vulnerable tanto polas súas propias reticencias para confiar nas intervencións levadas a cabo dende os servizos de axuda como polas problemáticas de saúde física e/ou mental que a meirande parte das veces os acompañan.


%C3%81ngles_presidenta_edited.jpg

A actitude positiva da PRESIDENTA da asociación, Mª de los Ángeles Guisán Seijas sempre é ben recibida polos que a coñecen.

"As persoas sen recursos e con adiccións existen. Están na rúa, durmen en caixeiros... Non podemos matalos nin levalos a un monte a escondelos. Hai que atendelos, e para iso está o Centro de Atención Social Continuada"

pexels-anna-shvets-5029919_edited.jpg

VOLUNTARIADO

Os nosos voluntarios e voluntarias son uns dos pilares básicos da asociación. Se es unha persoa maior de idade, altruista e tes interese en mellorar a túa comunidade axudando ás persoas que sofren de inxustiza social, contacta connosco e trataremos de ofrecerche un oco onde poidas desempeñar a túa achega.


pexels-tara-winstead-7123604 (1).jpg

HORARIO

De Luns a Venres: De 09:00 a 14:00

Os Sábados, Domingos e Festivos: De 10:00 a 14:00


¡VISÍTANOS!


Os nosos colaboradores:

ENCE_color-sobre-blanco.jpg
bottom of page